Home
O Centro
Benvida

Benvida

O equipo directivo do Conservatorio Profesional de Música da Coruña quere darlles a benvida a todas aquelas persoas que visiten este espacio virtual e ó mesmo tempo ofrecerlles un instrumento de información para toda a comunidade escolar.

A cidade da Coruña conta cunha gran tradición musical, onde se atopan magníficas agrupacións e institucións. Entre elas, o Conservatorio Profesional é, sen ningunha dúbida, unha peza fundamental para a formación musical do noso alumnado para que o día de mañá poida ocupar postos de responsabilidade nas mesmas e sexan portadores e portadoras da cultura musical da nosa cidade.

O noso conservatorio é un centro dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia con moitos anos de tradición, que imparte os graos Elemental e Profesional, e conta na actualidade aproximadamente cuns 700 alumnos.

A nosa función é formar ao vindeiras profesionais e conseguir que a educación musical se achegue a toda a cidadanía.

Querémosvos así invitar a visitar esta páxina web e agradecer a confianza que depositades en nós para a educación das vosas crianzas.

 

O equipo directivo