O Proxecto Inclusivo do centro responde á necesidade de favorecer o acceso ás ensinanzas regradas de música a todo tipo de alumnado. Este proxecto de innovación educativa foi autorizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en 2011 e está regulado na Orde do 25 de outubro de 2022:
Este proxecto vai dirixido ao alumnado con necesidades educativas especiais, escolarizado en centros ordinarios ou de educación especial, que se considere apto para seguir as ensinanzas musicais de grao elemental. O alumnado deberá ter a autonomía suficiente para desenvolverse no centro sen precisar asistencia individual de persoal docente e/ou non docente.
REQUISITOS
Será indispensable que os/as aspirantes superen unha proba específia de acceso na que se avaliarán as aptitudes musicais. Os requisitos para poder participar nas probas de acceso son:
Ter entre 8 e 18 anos.
Realizar a preinscripción da proba nas datas determinadas polo centro.
Achegar na preinscripción a documentación que avale as condicións de discapacidade do alumnado. Esta documentación incluirá un informe do departamento de orientación do centro educativo no que está escolarizado o alumno/alumna (ver anexo 1 da Orde do 25 de outubro de 2022)
Achegar autorización asinada polos pais/nais/titores/titoras legais do alumnado para o traslado de información referente aos aspectos psicopedagóxicos do alumnado entre a xefatura de departamento de orientación do centro educativo de réxime xeral e a coordinación do Proxecto Inclusivo (ver anexo 2 da Orde do 25 de outubro de 2022).
RESERVA DE PRAZAS
O número de prazas non será menor ao 3% do total das prazas ofertadas polo centro.
PROBAS DE ACCESO
A proba de acceso adaptarase ás circunstancias persoais en cada alumno/a e avaliarán a aptitude rítmica, auditiva, vocal e psicomotriz dos/das aspirantes.
As especialidades instrumentais ofertadas serán asignadas polo tribunal avaliador en función das preferencias dos/das aspirantes e da valoración do tribunal sobre a adecuación das capacidades e necesidades específicas de cada aspirante.
ORGANIZACIÓN ACADÉMICA
O proxecto encádrase no Decreto 198/2007, do 27 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música, e rexese pola normativa vixente en referencia ás ditas ensinanzas. A organización académica será a seguinte:
1 sesión semanal de clase individual de instrumento
2 sesións semanais da materia de Linguaxe Musical
1 sesión semanal de Educación Auditiva e Vocal
Poderán dispoñer dunha hora de clase colectiva co resto de alumnado matriculado na especialidade sempre que a dispoñibilidade do profesorado, espazos e tempos do centro o permita.
A duración das sesións será a que o equipo de profesorado determine en función das competencias curriculares de cada alumno/a.
MATRÍCULA
O alumnado cunha discapacidade superior ao 33% terá matrícula gratuita.
COORDINADORA
Arantxa Vera Beltrán.
► Nenos con Necesidades Educativas Especiais aprenden música no Conservatorio Profesional da Coruña (TVG - Telexornal Serán) · Ver a reportaxe