A orquestra de cámara de grao elemental está destinada ao alumnado de 4º de grao elemental. A experiencia de tocar nunha orquestra de cordas, axuda a súa formación de xeito determinante. A interpretación en grupo aporta coñecementos de afinación, tempo, dinámicas e musicalidade, e profundiza en comportamentos de soliedariedade e responsabilidade. No ano 2006 creouse a primeira destas agrupacións e en sucesivos anos veuse a necesidade de ampliar a oferta para que fose máis axeitada ós cursos e niveis.
Horario
Venres de 19h a 20:30h
Directora
Arantxa Vera Beltrán