A Banda xuvenil do CMUS da Coruña está formada por 75 alumnos de grao profesional, nas especialidades de Vento Madeira, Vento Metal e Percusión. Nace coa finalidade de introducir aos alumnos no repertorio bandístico, onde a capacidade de integración no grupo prima sobre a intencionalidade individual, posibillitándolles a necesaria práctica de conxunto así como a inestimable oportunidade de tocar en público.
A Banda Xuvenil do conservatorio realizou numerosos concertos e intercambios con outros conservatorios da comunidade e tambén participou nos concertos benéficos a favor da O.N.G. Intermón Oxfam , Concerto Músico-Sensorial “Música para tí, música para mí” en colaboración con AIMPNE , Concerto solidario no Pazo da Ópera a beneficio da ONG “Tierra de Hombres” , semana solidaria por Filipinas a favor de Unicef e tamén na semana solidaria a favor do banco de alimentos “Rías Altas” 2014.
Director
Lluís Domínguez Domínguez