O Grupo de Percusión Attacca foi creado no Conservatorio Profesional de Música da Coruña co fin de satisfacer a necesidade musical dos alumnos de tocar en grupo. Está composto polos alumnos de grao profesional e elemental do centro polo que os seus integrantes varían anualmente.
Comeza a súa andaina no ano 2001 baixo a dirección do seu profesor Miguel Castro e non cesou un só ano a súa actividade realizando concertos didácticos por toda a comunidade galega así como por diferentes cidades da nosa xeografía española. Participou no concerto solidario no Pazo da Ópera a beneficio da ONG “Tierra de Hombres” na semana solidaria por Filipinas a favor de UNICEF e tamén na semana solidaria a favor do banco de alimentos “Rías Altas” 2014.
Director
Miguel Castro Pérez