Coro

cabeceira_coro

Director

Antonio Facal Rivas

O Coro de Grao Profesional do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña está formado por alumnado de 1º a 6º curso deste grao das especialidades de Canto, Guitarra, Piano e Acordeón fundamentalmente, e conta cunha crecente traxectoria dende a súa formación, na súa participación en concertos – solidarios a favor de diversas ONG’S e organizacións como Terra de Homes, Banco de Alimentos “Rías Altas”, Down Coruña – xunto as Agrupacións Sinfónicas, Coro Infantil do centro e Ensembles Instrumentais, dentro e fora do mesmo, como no Pazo da Ópera, Teatro Rosalía de Castro, Teatro Colón, Igrexa de María Auxiliadora (Os Salesianos) desta cidade, coa dirección e docencia ao longo destes cursos de Fernando López Briones, Carolina Pérez, Carmen Ruiz e Diana Somkhieva, e Juan Pérez Berná.

Parte integrante do labor educativo deste Coro é o traballo en valores tranversais que se ven desenvolvendo a través de actividades específicas como a interpretación do Requiem op. 48 ( Selección ) de Gabriel Fauré con texto elaborado polo alumnado de 1º de Bachararelato do Aula de Latín do I.E.S. “ Miraflores ” de Oleiros, no concerto do 26 de abril na Igrexa de María Auxiliadora de A Coruña, xunto a outras pezas do repertorio coral.