Esta orquestra nace coa finalidade de introducir aos alumnos no terreo orquestral, onde a capacidade de integración no grupo prima sobre a intencionalidade individual, posibillitándolles a necesaria práctica de conxunto así como a inestimable oportunidade de tocar en público.
Está formada por alumnos de 1º,2º e 3º de grao profesional das especialidades de corda. Participou no concerto solidario no Pazo da Ópera a beneficio da ONG “Tierra de Hombres”, así como na semana Solidaria por Filipinas a favor de Unicef e tamén na semana solidaria a favor do banco de alimentos “Rías Altas”. O seu repertorio abrangue a música orquestral dos últimos tres seculos.
Director
David Veiga Martínez