Home
Agrupacións
Banda Sinfónica

Banda Sinfónica

cabeceira_bs

A Banda Sinfónica do CMUS da Coruña está formada por 55 alumnos de grao profesional, abranguendo os cursos de 4º, 5º e 6º nas especialidades de Vento Madeira, Vento Metal e Percusión. A Banda Sinfónica do Conservatorio realizou numerosos concertos e intercambios con outros conservatorios da comunidade e tambén participou nos concertos benéficos a favor da cociña económica da Coruña, da O.N.G. Intermón Oxfam, concerto solidario no Pazo da Ópera a beneficio da ONG “Tierra de Hombres”, na semana solidaria por Filipinas a favor de UNICEF e tamén na semana solidaria a favor do banco de alimentos “Rías Altas” 2014.

Director

Nicolás Portas Ricoy