A Orquestra sinfónica do CMUS da Coruña está integrada por uns 60 músicos, todos eles estudiantes dos últimos cursos de Grao Profesional das diferentes especialidades que se dan cita no plantel orquestral.
No curso 2007 – 2008 realiza un concerto extraordinario de Nadal no que congrega a máis de 280 alumnos do centro para formar parte dun coro infantil e interpretar unhas panxoliñas. Asimesmo, é convidada a facer un intercambio co Conservatorio Profesional de Música “Pablo Sarasate” de Pamplona.
A Orquestra é un proxecto educativo que serve para que os alumnos teñan unha apropiada actividade orquestral que lles permita completar a súa formación. Ademais, acompaña aos gañadores do Concurso de Solistas que organiza o conservatorio dende hai 4 anos, polo que aparte da música sinfónica hai un gran interés pola formación solística. Ten participado nos concertos solidarios no Teatro Colón a beneficio da ONG Intermón Oxfam, no Pazo da Ópera a beneficio da ONG “Tierra de Hombres”, na semana solidaria por Filipinas a favor de UNICEF e tamén na semana solidaria a favor do banco de alimentos “Rías Altas” 2014. O percorrido estilístico das obras interpretadas abrangue desde o Barroco ata o século XXI.
Director
Jorge Montes Martínez