ANPA
ANPA MiFaSol – Carta de presentación
Tal e como figura no artigo 2 dos Estatutos da ANPA CMUS Profesional da Coruña, esta Asociación terá as seguintes finalidades:
-Asistir ás nais, pais ou titores en todo aquelo que concerne á educación dos seus fillos ou pupilos.
-Colaborar nas actividades educativas do Centro.
-Promover a participación dos pais dos alumnos na xestión do Centro, a través dos órganos previstos ao efecto na lexislación vixente.
-Facilitar a representación e a participación dos pais dos alumnos no Consello Escolar do Centro e nos seus órganos colexiados.
-Promover todo tipo de actividades encamiñadas á formación integral dos alumnos, e desenvolvemento de usos e hábitos democráticos da súa personalidade.
-Promover actividades encamiñadas á formación dos pais e a súa integración no proceso educativo.
Así como calquera outra que, no marco da normativa que se refire, se lle asignen os seus respectivos estatutos. Tales como:
-Estimular a participación dos pais de alumnos na programación do ensino a través do órgano colexiado correspondente.
-Fomentar as relacións de cooperación do Centro con outros establecementos escolares e cos sectores sociais e culturais do entorno.
-Promover a efectiva igualdade de dereitos de todos os alumnos do Centro sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo.
-Promover actividades formativas, culturais e de estudo.
-Promover reunións de colaboración de pais con profesores e as boas relaciones entre ambos.
De todo elo deriva a importancia da nosa participación como pais e nais na ANPA. Formar parte da ANPA non é obrigatorio, pero sí desexable.
As familias que formamos parte da Asociación pagamos unha cuota anual e nos convertimos así en socios. Os socios temos dereito a decidir e formar parte dos órganos da Asociación e o presuposto da ANPA destínase íntegramente no beneficio de todos os alumnos do centro a través de diferentes medios:
-Xestión, adquisición e préstamo de instrumentos, libros e partituras e outros materiais.
-Organización e celebración de concertos, cursos, xornadas e conferencias, así como exposicións e demáis.
-Apoio e colaboración total ao noso Centro (CMUS Profesional de A Coruña), experiencias de intercambio e relacións con outros centros.
Éstas e calquera outra actividade proposta polos socios da ANPA e/ou personal do Centro (CMUS Profesional de A Coruña), sempre que corresponda coas finalidades anteriormente mencionadas, será obxecto de estudo e análise para a súa posible posta en marcha e por suposto, todas as ideas son de agradecer.
Somos un Centro grande, integrado por uns 700 alumnos; deberíamos formar unha grande ANPA integrada por un grande número de nais e pais deses 700 alumnos e así participar todos xuntos beneficiándonos das ventaxes de formar unha ANPA. Ademáis, tamén contamos cunha grande acollida por parte do Centro, equipo directivo e persoal docente, todos eles implicados desde un principio no proceso de creación da ANPA e agora volcados en apoiarnos con todo o necesario para poder inciar a nosa actividade.
Desde a Xunta Directiva vos animamos a participar e formar parte da ANPA, tanto como socios, como novas incorporacións á propia Xunta Directiva.
Un cordial saúdo,
A Directiva da ANPA CMUS Profesional da Coruña.